Papini, Arianna

Papini, Arianna

(Florencia, 1965)

Estudou arte e arquitectura. Dende 1988 traballa na editorial Fatatrac. Impartiu clases na Facultade de Arquitectura de Florencia, onde realizou estudos sobre o deseño de libro-xogos. Tamén participou en cursos do Liceo Artístico de Florencia, da Asociación de Ilustradores de Milán e doutros colectivos do eido cultural. Traballa profe-sionalmente como escritora, ilustradora e pintora. Realiza actividades infantís de animación á lectura e obradoiros artísticos para nenos, tanto en escolas como en bibliotecas. A súa produción editorial abarca máis de 40 libros publicados en Italia por Fatatrac, Lapis, Edicolors e outras editoriais. Ademais, a súa obra exhíbese en exposicións individuais e colectivas. Recibiu, entre outros, o Premio Andersen da Infancia, o Premio delle Palme, ou o Premio Nacional Libro per l’Ambiente, e foi seleccionada para a mostra Ibby 2011.

http://www.ariannapapini.com

3 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página