Ser amigos
Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos... as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais.
Ser amigos» é un álbum para primeiras lectoras e lectores sobre a amizade, o afecto e as calidades que nos fan mellores persoas: a igualdade e o respecto por enriba das diferenzas e do aspecto físico, o apoio incondicional nos bos e nos malos momentos, a confianza mutua, a ledicia compartida, o agarimo… Un sinxelo relato a modo de listado de premisas, que utiliza a tipografía maiúscula para facilitar a súa lexibilidade. Os protagonistas son animais de distintas especies que demostran a súa convivencia en harmonía: aves, peixes, réptiles, mamíferos... Mesmo a figura humana faise presente para reforzar a identificación das nenas e dos nenos, que atoparán simpáticos acenos nas ilustracións.
Arianna Papini reúne parellas singulares que, como o rato e o elefante, ou o gato e o peixe, non se caracterizan tradicionalmente pola súa boa relación. Son imaxes que, sobre un fondo plano, remarcan a silueta dos personaxes combinando texturas, cores suaves e intensas, e logrando, en conxunto, un resultado caracterizado pola dozura, o optimismo e a cercanía.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-814-7