Que che gustaría ser?

Papini, Arianna Traducción: Xosé Ballesteros

Peixe, curuxa, crocodilo? Salvaxes ou domésticos, todos queren ser outros animais, neste relato encadeado e circular sobre o poder da imaxinación.

“Que che gustaría ser?” é un álbum para primeiros lectores que se constrúe a partir dunha estrutura narrativa repetitiva e sumando personaxes encadeados entre si. Rebeca soña con ser un peixe, ao peixe gustaríalle ser unha curuxa, esta admira as cualidades do crocodilo... e así sucesivamente con outros animais domésticos e salvaxes, ata un final circular que leva os lectores a unha sabia conclusión: a imaxinación permítenos ser canto queiramos. Texto e imaxe conxúganse para ofrecer unha lectura completa, de maneira que entre unhas páxinas e outras introdúcense pistas visuais para facernos partícipes do xgo creativo. Da unión fantástica de dous personaxes van xurdindo así orixinais híbridos: un peixe con pernas, unha curuxa con aletas, un crocodilo con ás... e configurando un peculiar animalario que pode continuar máis aló das páxinas deste libro.

Polo seu carácter sinxelo, con ilustracións planas e esquemáticas, de cores e texturas suaves, elaboradas coa técnica do collage, a obra de Arianna Papini recibiu a mención especial do xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka.
Leer más
Leer menos
16,50 €