Quen falta?
O ser humano levou á extinción a moitas especies en todo o mundo. Este libro poético recolle o testemuño dalgúns animais que xamais volverán volar, nadar, correr.
Deixaron de galopar nas praderías e nas sabanas, xa non sucan os ceos, xamais volverán nadar nos ríos nin nos océanos. Dende os mares do Sur ata as costas do Norte, en cada un dos continentes, nas illas máis recónditas do planeta, cóntanse por milleiros as especies que desapareceron para sempre. Arianna Papini dálles voz en “Quen falta?” a 20 animais que están en perigo de extinción ou que xa non existen. E lémbranos que é tempo de actuar para que a lista de ausentes non siga medrando.
Cada texto é un relato en primeira persoa de cada animal que, en ton poético, describe a súa fisonomía, costumes e hábitat; e interpela os lectores con reflexións sobre as agresións que sufriu. As ilustracións son retratos realistas sobre fondo branco, aderezados con aplicacións estampadas de estilo téxtil e cores suaves, que achegan frescura e equilibrio.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 48
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-905-2
Premios : PREMIO LEGAMBIENTE (Italia) 2016