Carle, Eric

Carle, Eric

(Siracusa, Nova Iorque, 1929 - Northampton, Massachusetts, 2021)

Autor de máis de 70 álbums, Eric Carle comezou a ilustrar libros en 1967, despois de traballar durante moitos anos en publicidade. Estudou na escola de arte Akademie der Bildenden Künste de Stuttgart, Alemaña, país onde residiu na súa infancia. Regresou a América do Norte en 1952, onde traballou como deseñador gráfico para The New York Times. O primeiro libro da súa completa autoría foi “1, 2, 3 to the Zoo” (1968), ao que seguiu “The Very Hungry Caterpillar”. Foi galardoado co Premio da Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, co da Asociación de Libreiros Infantís e co da Asociación Americana de Bibliotecas, entre outros. Eric Carle afirmou: “Creo que o paso da casa á escola é o segundo maior trauma da infancia; o primeiro, certamente, é nacer. En ambos os casos cambiamos un ambiente cálido e protector por outro descoñecido. Penso que as crianzas son creativas por natureza e capaces de aprender. Nos meus libros tento minimizar ese temor, substituílo por unha mensaxe positiva. Quero amosarlles que aprender é realmente fascinante e divertido”.

https://eric-carle.com

6 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página