Da cabeza aos pés

Carle, Eric Traducción: Nicolás, Iago

Descubrimos as partes do corpo xogando a movernos como algúns animais. Desafíos divertidos para prelectores e primeiros lectores neste libro de Eric Carle en edición acartonada.

Os animais -incluídos os humanos- moven os seus corpos de formas moi diferentes. Obsérvase nos gorilas como baten no peito, nos camelos dobrando as extremidades ou nas xirafas, que poden curvar o pescozo, entre outras curiosidades que se atopan nas demais especies. A divertida proposta deste libro acartonado é que as lectoras e os lectores deixen o sedentarismo para acompañar os protagonistas desta historia, imitando os seus xestos e as súas posturas: xirar a cabeza, balancearse, retorcerse… ata rir á gargalladas.

Porque «Da cabeza aos pés» hai moitas partes do corpo, outra achega desta obra de Eric Carle pasa por coñecer e nomear a nosa anatomía, percorréndoa ao paso de cada páxina.

Leer más
Leer menos
13,00 €

Otros idiomas: