Un grilo moi silencioso (acartonado con sons)

Carle, Eric Traducción: Nicolás, Iago

Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar e ninguén podía escoitar o seu son. Ata que, unha noite, atopou unha grila... Un libro acartonado ideal para coñecer os insectos, cunha sonora sorpresa final.

Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar. Nin a lagosta, nin a barbantesa, nin o verme, nin o mazaleites puideron escoitar o seu son. Tampouco os demais habitantes do prado ata que unha noite, á luz da lúa, se atopou cunha grila... Nesta obra encontramos algúns dos temas habituais en Eric Carle: a natureza, o fluír do tempo, o crecemento, a transformación,... E tamén moitos dos trazos característicos da súa proposta plástica: a cor, o trazo rápido ou a colaxe. Un acartonado ideal para aprenderlles ás crianzas os fermosos nomes dos insectos en galego que conta cunha sonora sorpresa final.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: