Amigos

Carle, Eric Traducción: Nicolás, Iago

Un álbum conmovedor que transmite profundas emocións e sentimentos sobre o valor da amizade, que supera ausencias e obstáculos.

Compartían xogos, bailes e confidencias ata que a distancia os separou. Mais non houbo río, montaña, bosque, chuvia ou escuridade que impedise que se volvesen atopar. Cunha linguaxe sinxela e unhas ilustracións cheas de cor e expresividade, este álbum é quen de conmovernos e transmitir profundas emocións e sentimentos sobre o valor da amizade e do amor que supera ausencias e obstáculos.

Un novo Eric Carle en lingua galega, unha obra perfecta para compartir que sorprenderá a lectores e lectoras e que remata cunha particular nota autobiográfica do autor.
Leer más
Leer menos
16,50 €

Otros idiomas: