Soño de neve

Carle, Eric Traducción: Nicolás, Iago

Unha historia de Nadal de Eric Carle en formato acartonado e con texturas, que nos propón descubrir quen se agocha detrás das lapelas.

Nunha pequena granxa vivía un granxeiro cos seus cinco animais. Unha noite, tivo un soño: caían folerpas de neve que pouco a pouco os cubrían a todos cun manto branco. “Soño de neve” é unha historia de Nadal, chea de sorpresas, que destaca polas suas particularidades gráficas: a cuberta satinada, que contrasta coa rugosidade de fragmentos téxtiles que imitan as folerpas de neve, e as páxinas intercaladas
con xanelas que convidan a descubrir quen se agocha detrás dos mantos brancos.

A intensidade das ilustracións, ao estilo de Eric Carle, en colaxes de papel pintado e con texturas, propón unha experiencia de contraste entre a brancura da neve e un vistoso colorido dos demais elementos.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: