Queres xogar comigo?

Carle, Eric Traducción: Ballesteros, Xosé

Unha divertida historia de Eric Carle con formato acartonado e chea de sorpresas, que nos propón o desafío de identificar os animais polas súas colas.

Un ratiño camiña na procura dun compañeiro de xogos pero os animais que atopa —terrestres, acuáticos, voadores— están ocupados en distintas tarefas propias de cada especie. O colorido das ilustracións, a variedade de formas representadas e agrupadas coa técnica da colaxe e a expresividade dos personaxes son cualidades inconfundibles no estilo de Eric Carle. O texto de Xosé Ballesteros, creado expresamente para esta obra, segue a estrutura encadeada das imaxes. Así, o protagonista —máis pequeno que o resto dos animais, procurando que as nenas e os nenos se identifiquen con el— vai descubrindo a identidade de cada un ao paso das páxinas. A través desta sinxela proposta, o reto consiste en descubrir a que criaturas se dirixe o ratiño tendo como referencia o color e a forma da súa cola: de crina, plumas, escamas, pelo...

Tamén se afianzan o sentido da lectura, de esquerda a dereita, e conceptos como “a parte” e “o todo”. Ao longo do relato mantense un esquema narrativo baseado na repetición, xa que o protagonista failles a mesma pregunta a todos animais que atopa. As distintas respostas que recibe redundan na aprendizaxe de novo vocabulario. Tampouco falta o suspense: ao longo da historia, de principio a fin, hai un elemento de continuidade na figura dun misterioso personaxe.

Un conto emocionante e divertido, atractivo dende o punto de vista estético e lúdico, especialmente recomendable para as primeiras idades.
Leer más
Leer menos
13,00 €

Otros idiomas: