Quen é ese becho?
Unha fauna diminuta habita neste simpático conto duro para pre-lectores. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade.
«Quen é ese becho?» é un libro de cartón duro para prelectores e primeiros lectores aos que se lles presenta unha fauna diminuta que habita no noso contorno próximo malia que non reparemos nela. Porén, os protagonistas deste conto son criaturas ben simpáticas e curiosas. Lonxe de xeneralizar sobre o aspecto dos bechos, os lectores descubrirán que teñen tamaños, formas e aparencias moi diversas. O texto é breve e sinxelo, escrito con maiúsculas para familiarizar os máis pequenos coas letras e facilitarlles a lectura.
Trátase dunha proposta enfocada á descrición e ao recoñecemento dos personaxes a partir das súas características, ata chegaren ao verdadeiro protagonista, que é o lector ou lectora.
É unha obra cunha atractiva proposta visual. Nas ilustracións, realizadas coa técnica da colaxe, superpóñense trazos de cores, predominan os deseños básicos, as texturas e os contrastes cromáticos. A modo de xogo, as nenas e os nenos poderán descubrirse a si mesmos ao verse reflectidos nun espello incluído no interior do libro.

Colección: Acartonados
Edad recomendada: A partir de 0 años
Páginas: 26
Tamaño: 17,5 x 22
ISBN: 978-84-8464-397-5