Polo camiño
Os animais van marchando, do 1 ao 10. A onde irán esta vez? Rimas festivas para contar e cantar.
«Polo camiño» é un poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais -dende elefantes a ratos, gatos e osos- que marchan ao ritmo destes versos octosílabos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino. Logo de «Mamá», a obra coa que Mariana Ruiz Johnson gañou o VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, «A viaxe de mamá» e «Mientras tú duermes» (Premio Silent Book 2015), neste libro de cartón para pre-lectores e primeiros lectores a autora volve centrarse na familia.
Xunto coa aprendizaxe dos primeiros números, «Polo camiño» tamén contribúe ao coñecemento de distintos alimentos e dalgunhas calidades que caracterizan a quen os porta. O intenso colorido das ilustracións é outro dos alicientes desta divertida proposta de lectura, con figuras dinámicas, expresivas e recoñecibles.

Otros idiomas:
Colección: Acartonados
Edad recomendada: A partir de 0 años
Páginas: 26
Tamaño: 19 x 19
ISBN: 978-84-8464-297-8