Se che pica un mosquito

Gastó, Jordi Inaraja, Christian Traducción: Xosé Ballesteros

Estes divertidos remedios rimados que alivian as molestias dunha picadura non se atopan nas boticas, nin se obteñen das plantas. Para que che deixe de picar e de doer, este libro tes que ler.

«Se che pica un mosquito» é un divertimento que, a partir dun pequeno percance cotiá, invita os prelectores e os primeiros lectores a probar un atípico remedio para as molestias dunha picadura. Saltar, facer acenos, xogar e compartir bos momentos en agradable compañía son algunhas das contrastadas recomendacións de Jordi Gastó e Christian Inaraja. Non hai ungüento, nin fórmula máis eficaz que este texto rimado que invoca a fantasía e a imaxinación, a amizade e a interacción con outras persoas, romper a rutina e experimentar novas sensacións.

A posoloxía complétase cunhas simpáticas ilustracións de trazos sinxelos, circulares e rectilíneos. Esas estruturas básicas e deliberadamente imperfectas aderézanse con colores planos e alegres, potenciando a expresividade do relato.
Leer más
Leer menos
12,00 €