Que bonito é Panamá!
O pequeno oso e o pequeno tigre son a esencia da amizade e a súa viaxe na procura do lugar ideal representa a madurez e a aventura cotiá. Un clásico entrañable que desprende humor, optimismo e inocencia.
A vida de pequeno oso e pequeno tigre experimenta unha viraxe cando, aboiando no río, aparece unha caixa que vén de Panamá e que arrecende a plátano. Dende entón, Panamá convértese no país dos seus soños e por iso deciden iniciar unha longa viaxe para chegar alí. Cunha tarteira vermella, unha cana de pescar y un pato-tigre de xoguete, emprenden un camiño no que coñecerán un rato de campo, un vello raposo, unha vaca, un corvo, unha lebre e un ourizo. Tras un primeiro período no que a obra de Janosch ten un fondo político asociado ao contexto histórico da época, «Que bonito é Panamá!» marca o comezo dunha segunda etapa na que, historias coma esta, protagonizadas por animais humanizados, enxalzan o valor da amizade. Panamá é o particular locus amoenus de tigre e oso, e a súa viaxe idílica na procura dese lugar está relacionada coa madurez, coa aventura cotiá e co descubrimento de novas emocións.
Cunhas ilustracións alegres e coloridas, clásicas e planas, de estilo naif, este entrañable relato de Janosch desprende humor e deixa un pouso sentimental de optimismo e de inocencia, cun inesperado final que colma as expectativas dos personaxes.
Cunhas ilustracións alegres e coloridas, clásicas e planas, de estilo naif, este entrañable relato de Janosch desprende humor e deixa un pouso sentimental de optimismo e de inocencia, cun inesperado final que colma as expectativas dos personaxes.
Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 52
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-721-8