Imos buscar un tesouro

Janosch Traducción: Dolores Romay

Buscando fortuna para poder satisfacer os seus caprichos, Oso e Tigre atopan a toupa, o peixe, o león, a galiña e o burro. Pero é o moucho o que lles dá un bo consello sobre o mellor dos tesouros: a amizade.

“Moitas veces, as cousas non son como un pensa. Incluso son ao revés!”, díxolles o vello moucho a oso pequeno e tigre pequeno cando se empeñaron en ir á procura da mellor cousa do mundo. Cansaron de facer buratos na terra e de buscar mesmo baixo a auga, por máis que alí só atoparon algas, peixes e lixo. E cando por fin conseguiran os cartos que querían para satisfacer todos os seus caprichos, volveron quedar sen nada. Enganados e roubados, volveron á casa; ata entón viviran moitas aventuras, tamén rifaran entre eles, e non só coñeceran o vello moucho, senón tamén a toupa, o peixe do río, o león dos pantalóns azuis, a pita tola e o burro Petronio. «Imos buscar un tesouro», xunto con «Que bonito é Panamá!», «Correo para tigre», «Eu curareite, dixo oso pequeno» e «Tigre e oso na cidade», forma parte dunha serie emblemática coa que Janosch -despois dunha primeira etapa na que os seus libros tiñan un certo fondo político- enxalza o valor da amizade, con historias protagonizadas por animais humanizados. Nesta ocasión, oso pequeno e tigre pequeno aprenden que os auténticos tesouros da vida non sempre están no económico nin no material.

Cunhas ilustracións alegres e coloristas, clásicas e planas, de estilo infantil, este entrañable relato de Janosch desprende humor e deixa un pouso sentimental de optimismo e inocencia, cun inesperado final que colma as expectativas dos personaxes.
Leer más
Leer menos
16,00 €