Eu curareite, dixo oso pequeno
Cando tigre pequeno enferma, oso pequeno preocúpase de coidalo e todos os veciños do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.
«Eu curareite, dixo oso pequeno» é un capítulo máis na vida dos personaxes máis entrañables creados por Janosch. Nesta ocasión, tigre pequeno enferma e o seu fiel amigo ocúpase de coidalo, atender os seus antollos culinarios, procurarlle visitas e colmalo de comodidades. Acompañarémolos ao hospital dos animais canda a tía gansa, a lebre dos zapatos veloces, o elefante gris e moitos máis veciños do bosque, que se solidarizan co doente. E asistiremos a un singular recoñecemento médico con raios X, no que se descobre cal é a sorprendente afección de tigre pequeno.
Texto e imaxes destilan tenrura, afondan no valor da amizade e empatizan cos lectores a través dun humor sutil. A estrutura repetitiva dos diálogos e as escenas do cotián que Janosch representa con mestría, son as claves para cativalos cunha mensaxe universal: hoxe por ti, mañá por min.

Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 48
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-908-3