Os contos do Ourizo
O Ourizo, o Osiño, o Coello e o Esquío son os protagonistas de sete divertidas e tenras historias que nos convidan a reflexionar sobre a importancia de compartir e de respectar os demais.
«Os contos do Ourizo» reúne sete fermosos relatos protagonizados por esta entrañable criatura e outros habitantes do bosque: o Osiño, o Coello, o Esquío… personaxes que transmiten tenrura e bondade, ledicia e sensibilidade. As súas vivencias falan de como apreciar cada momento, da autenticidade e a sinxeleza; convidan a reflexionar sobre a importancia de compartir, do respecto aos demais, do coidado á contorna... Son historias divertidas e conmovedoras en que están presentes os grandes temas da infancia -curiosidade, descubrimento, soños, medos…- e presentan a vida como un camiño a través do descoñecido, con xiros inesperados e voltas do destino.
Desde hai máis de cincuenta anos, os clásicos de Serguéi Kozlov están presentes nas bibliotecas e os fogares de moitas familias. Os seus contos atemporais, escritos con claridade, emoción e un humor sutil, alimentaron a imaxinación de varias xeracións de nenas e nenos. A súa obra remite a outras series emblemáticas como tigre pequeno e oso pequeno de Janosch ou as fábulas contemporáneas de Arnold Lobel.
As ilustracións de Zuzanna Celej envolven os textos con dozura a base de acuarelas de tons suaves e augados sobre as que destaca o trazo delicado dos lapis.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 7 años
Páginas: 56
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-1343-218-2