Dous osiños

Ylla Traducción: Xosé Ballesteros

Magníficas fotografías protagonizadas por dous osiños que se perden no bosque, onde descobren novos mundos e outros animais ata que a súa nai os atopa.

Publicado en Nova York en 1954, «Dous osiños» foi un éxito mundial durante a idade dourada do libro ilustrado con fotografías, un referente da fotoliteratura para público infantil e xuvenil. Dous cachorros asisten ao inicio da primavera, ansiosos por descubrir canto hai fóra do seu tobo. Mentres mamá osa sae, desobedecen e van ao campo, xogan, gabean ás árbores… ata que se decatan de que están perdidos e piden axuda a outros animais; un esquema narrativo propio dos contos clásicos. As imaxes de Ylla son a fauna e a natureza en estado puro, nas que podemos recoñecer instintos e expresións -curiosidade, sorpresa, temor…- que transmiten unha fonda tenrura. Ylla, diminutivo de Camilla Koffler, foi unha das principais fotógrafas de animais. A raíz dunha estancia en África en 1952, decidiu mudar o seu método de traballo, substituíndo os zoolóxicos e o estudio por escenarios naturais. Segundo o biólogo evolutivo Julian Huxley, que contou coa colaboración de Ylla no seu libro «Animal language», “ninguén fotografou animais coma ela; era moi especial porque nas súas fotos captaba unha cualidade esencial dos animais, algo que fotógrafos máis ortodoxos tenden a ignorar ao esforzarse en obteren unha representación máis realista e complexa”.

A vida de Ylla inspirou o director e produtor Howard Hawks no filme «Hatari!» (1962), protagonizado por John Wayne e Elsa Martinelli. A curtametraxe «Les pigeons du square», de Jean Painlevé, tamén está dedicada á súa memoria.
Leer más
Leer menos
16,50 €

Otros idiomas: