A historia do touro Ferdinando
Un clásico de 1936 referente do pacifismo a nivel mundial e a prol do naturalismo; censurado por uns, encomiado por outros e premiado.
“A historia do touro Ferdinando” é unha alegoría pacifista e antibelicista moi estimada en numerosos países, e da que se fixeron máis de 60 traducións. Recomendado en Rusia e na India, onde foi o libro preferido de Gandhi, Hitler ordenou a súa queima na Alemaña nazi e en España foi prohibido por consideralo unha crítica contra a Guerra Civil. KALANDRAKA recupera a primeira versión en branco e negro deste clásico -aínda tan vixente- que data de 1936. A historia presenta un Ferdinando sensible que, fronte á bravura doutros touros, prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo das flores.
O lirismo da prosa, a linguaxe próxima á infancia e o humor sutil son algunhas cualidades do texto, co que Munro Leaf cuestiona as corridas de touros e rexeita a violencia, ademais de apoiar a liberdade individual e o respecto á diferenza. As ilustracións detallistas de Robert Lawson amosan a Ferdinando no seu habitat natural, alternando as amplas panorámicas cos primeiros planos. En 1938 Disney fixo unha adaptación que gañou un Oscar á mellor curtametraxe de animación.

Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 72
Tamaño: 18,5 x 22,5
ISBN: 978-84-8464-982-3
Premios : SELECCIONADO POLA INTERNATIONALE JUGEND BIBLIOTHEK COMO UN DOS 10 CLÁSICOS A PROL DA PAZ E DA TOLERANCIA