A pequena familia

Joslin, Sesyle Alcorn, John Traducción: Ballesteros, Xosé

Un álbum sorprendente que contén catro historias de estrutura acumulativa, acompañadas de coloridas ilustracións. Inclúe un glosario bilingüe galego-inglés.

Publicado en Nova York en 1964, «A pequena familia» contén catro relatos breves, sorprendentes e deliciosamente absurdos. Trátase de construcións moi sinxelas estruturadas sobre a base da acumulación e a repetición de elementos ata alcanzar un final inesperado e humorístico. Xunto cos divertidos textos de Sesyle Joslin destacan as ilustracións de John Alcorn, un referente histórico da ilustración pop: chama a atención o vistoso colorido das escenas, con debuxos de trazos finos e estilo neoclásico. A súa obra caracterízase pola frescura, a creatividade e a elegancia dos seus deseños, en que priman a xeometría das composicións, alén de integrar a tipografía, explorando as súas posibilidades plásticas e comunicativas.

Un anexo final ofrece un glosario bilingüe galego-inglés para perfeccionar o vocabulario con palabras básicas do ámbito doméstico, familiar, lúdico...
Leer más
Leer menos
16,00 €