O león Kandinga
A tribo africana dos bantús conta a fábula do león Kandinga para explicar que a crueldade e o egoísmo levan á desgraza, a soidade e mesmo á morte.
A historia de Kandinga atesoura a sabedoría dos pobos africanos, a súa milenaria tradición oral e a riqueza da súa cultura. Un relato que invita a unha viaxe imaxinaria ata a recóndita sabana para coñecer os seus habitantes: crocodrilos, elefantes… E exercendo a súa hexemonía, o león. O protagonista desta fábula é un rei -enfermo, vello e abandonado- vido a menos pola súa crueldade. O egoísmo e a avaricia son malos compañeiros de viaxe, non só para os animais salvaxes, senón tamén para as persoas... Boniface Ofogo propón unha reflexión sobre o comportamento humano, poñendo a experiencia do seu pobo natal ao servizo das lectoras e dos lectores para que aprendan esta lección: “Se tes moito, é bo compartir cos que non teñen nada”. Elisa Arguilé arroupa o texto con ilustracións de estilo primitivo, de gran forza expresiva e contrastes cromáticos.
«O león Kandinga» forma parte da inesgotable tradición oral dos bantú, unha tribo que vive nas sabanas e selvas africanas, dende o centro de Camerún ata Sudáfrica. A maioría son lendas que recrean a estreita relación do ser humano co medio natural. KALANDRAKA achégase así a este xeito de coñecer o mundo, da man de contadores de contos nativos daqueles lugares dos que proceden historias tan fascinantes como esta.
Otros idiomas:
Colección: Cuentos tradicionales
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 40
Tamaño: 26,5 x 21
ISBN: 978-84-8464-711-9
Premios : MENCIÓN honorífica PREMIO Città di Bella (Italia) - 2011
Recomendación de Lectura (PREMIO FNLIJ Brasil) - 2011
PREMIO FUNDACIÓN CJ DE CULTURA (Corea) - 2009

