Nicolás cociña sen lume (Bata)
Gorro e mandil, mans limpas e a cociñar! Canapés, macedonia, xeado de plátano, batido de amorodo... Fácil e divertido, "día a día", seguindo os pictogramas.
DÍA A DÍA é unha liña editorial complementaria da colección MAKAKIÑOS, creada para achegar a lectura ás persoas con necesidades de apoio educativo. Por primeira vez en galego, “Nicolás cociña sen lume” é un soporte no seu camiño por adquirir autonomía e intercomunicarse na contorna. Porque “un pequeno paso de formiga pode converterse nun paso de xigante”. Con este libro de receitas prepáranse pratos sans, nutritivos e saborosos elaborados de xeito sinxelo, sen ningún proceso de cocción: canapés, sándwich e ensaladas para comer; froitas en espetada e macedonia; boliñas de coco, trufas de chocolate, mousse de limón e xeado de plátano para adozar; bebidas como zume de laranxa, batido de amorodo e sorbete de melón. Logo de repasar os ingredientes e utensilios necesarios, e indicar o grao de dificultade, descríbese o proceso de preparación. Unha proposta accesible para gozar do ambiente áxil e dinámico da cociña, entre sabores e aromas.
Os textos adaptáronse á linguaxe de pictogramas SPC, un sistema de comunicación baseado en debuxos e cores. Esta publicación tamén inclúe adhesivos a modo de diccionario mímico, para que os usuarios poidan amosalos cando preparen as receitas. As ilustracións de Alicia Suárez destacan polo seu colorido e reforzan o carácter lúdico das tarefas culinarias.
MAKAKIÑOS é unha iniciativa pioneira da Asociación BATA e KALANDRAKA para romper as barreiras da incomunicación: libros “de fácil lectura” que buscan maior concreción e comprensión a nivel escrito e visual. Makakiños Día a Día compleméntase con “Nicolás va de compras” e “Nicolás va a la biblioteca”, aos que se engaden no resto da colección outras adaptacións de contos tradicionais e de autor.

Otros idiomas:
Colección: De fácil lectura
Edad recomendada: De fácil lectura
Páginas: 36
Tamaño: 26 x 22
ISBN: 978-84-8464-470-5