A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella (Bata)
Rescatada do folclore francés, esta versión de Carapuchiña xa é accesible con pictogramas para que a frescura e a sabedoría dos contos da avoa chegue con toda a súa esencia ás persoas con necesidades de apoio educativo.
“A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” é un dos contos tradicionais máis coñecidos que se incorpora -por primeira vez en galego- á colección Makakiños, onde tamén hai relatos de autor adaptados ao sistema de pictogramas, xunto coa serie Día a día, formada por guías de apoio que facilitan a autonomía e a intercomunicación coa contorna. Esta iniciativa pioneira impulsada pola Asociación BATA e KALANDRAKA permite achegar a lectura ás persoas con necesidades de apoio educativo e facerlles comprensible o mundo da fantasía, axudando a romper as barreiras da incomunicación. Esta versión de Carapuchiña realizada por Antonio Rodríguez Almodóvar despois dunha longa investigación sobre as numerosas variantes do conto, axustouse para unha lectura máis fácil, restándolle abstracción á linguxe. Destacan as sorprendentes e vangardistas ilustracións de Marc Taeger, de estilo rústico, contrastado cromatismo e moita expresividade: as distintas figuras de Carapuchiña semellan ter saído de makakiños feitos por mans infantís e o lobo ten reminiscencias picassianas. Ademais do texto e das imaxes, a lectura apóiase na linguaxe de pictogramas SPC, un sistema de comunicación baseado en debuxos e cores.
Otros idiomas:
Colección: De fácil lectura
Edad recomendada: De fácil lectura
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-480-4