Chibos Chibóns (BATA)
Esta é a coñecida historia de tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, adaptada agora a linguaxe pictográfica (SPC) en galego.
Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistema SPC
de pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega. A colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboración coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas e todos. Son un conxunto de libros “de fácil lectura” que procuran unha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de
pictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado en debuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por Roxanna Mayer-Johnson.
“Chibos Chibóns”, o coñecido clásico europeo adaptado por Olalla González, incorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versión traducida por Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións de Federico Fernández procuran achegarnos a súa versión do conto buscando
a máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.

Otros idiomas:
Colección: De fácil lectura
Edad recomendada: De fácil lectura
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-307-3