O coelliño branco (BATA)
Un animal minúsculo gáñalle a partida ao mangallón. Unha invitación divertida ao xogo de palabras baseado nun conto popular portugués e adaptado ao sistema de pictogramas.
Achegar a lectura a nenas e nenos no espectro do autismo é o reto da colección De fácil lectura - Makakiños creada por KALANDRAKA en colaboración coa Asociación Autismo BATA. Esta iniciativa pioneira intenta achegar e estimular o camiño da lectura a todas e todos, axudando a romper as barreiras da comunicación e facendo accesible o mundo da fantasía a moitas rapazas e rapaces. Estes libros buscan unha maior concreción e comprensión da mensaxe a través do sistema de pictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), creado en Estados Unidos por Roxanna Mayer-Johnson a partir de debuxos e cores. O texto deste conto popular adaptouse reducindo as palabras con carga alegórica, as metáforas e restando abstracción á linguaxe. As ilustracións tamén se axustaron para conseguir a máxima precisión na percepción da historia a nivel visual.
Buscando axuda para recuperar o seu fogar, o protagonista levará varias sorpresas. Trátase dun texto-fórmula que xoga coa sonoridade e coa rima, ademais de reivindicar a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños.
A colección xa ofrece a adaptación do conto tradicional «A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella» e «Nicolás cociña sen lume», pertencente á serie Makakiños día a día. Trátase de materiais de apoio que se poden utilizar tamén en centros de Educación Infantil para un primeiro achegamento aos libros por parte das prelectoras e dos prelectores.

Otros idiomas:
Colección: De fácil lectura
Edad recomendada: De fácil lectura
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-114-7
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o