Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade
Chega esta biografía novelada no centenario de Madiba, Pai da Nación Saudafricana. Unha icona internacional da paz, da convivencia e da liberdade.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Hai un lugar no mundo onde se garda a memoria de Nelson Mandela. É un museo que leva o seu nome na aldea de Qunu, onde pasou a súa infancia. Alí traballa como guía Sipho, o vello compañeiro do líder, que adoita narrar aos visitantes do museo secuencias da vida de Mandela. Ata alí chega un día o mozo Walter na procura das súas raíces e con moitas preguntas por facer: por que os brancos de África do Sur desprezaban os negros ata encerralos en guetos? Por que un acomodado negro se rebelou contra a tiranía dos brancos poñendo en perigo a súa propia vida? Canto custa facer o camiño cara á liberdade? “Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade” é a biografía novelada do líder contra o apartheid cando se conmemoran os cen anos do seu nacemento. Antonio Lozano conta fielmente como foi a súa vida e como desenvolveu a súa obra política. Mais tamén crea varios personaxes de ficción que axudan a entender a extraordinaria historia dun home cuxo nome figurará para sempre entre os máis grandes que deu a humanidade.
“Logo de escalar un grande outeiro, un atópase só con que hai moitos máis outeiros que escalar”, dixo Nelson Mandela. É unha das frases recollidas polo autor nun anexo que contén outros enunciados do Premio Nobel da Paz. Tamén se narran os momentos máis importantes de Mandela na súa loita contra a segregación racial. En novembro de 2009 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 18 de xullo, data do seu nacemento, como Día Internacional de Nelson Mandela.

Otros idiomas:
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: A partir de 12 años
Páginas: 224
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-21-4