A evolución de Calpurnia Tate

Kelly, Jacqueline Traducción: Carlos Acevedo

Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista. Ilustración de cuberta de BETH WHITE

«A evolución de Calpurnia Tate» conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. Investigando nos libros da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarios de Charles Darwin. Trátase dunha novela xuvenil, extensible ao interese dos lectores adultos, polo que se axusta ao concepto actual de crossover. Transcorre no ano 1899, unha época na que as nenas eran educadas para seren señoritas de boas maneiras e desenvolverse unicamente no fogar: cociñar, coser e limpar a casa eran as principais obrigas das mulleres nunha sociedade na que, o máis ocioso que se lles reservaba, era tocar o piano e comportarse con rigorosa corrección. A inconformista Calpurnia rebélase contra ese destino predeterminado para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas intelectuais e científicas: ir ao río, observar a natureza e recoller mostras que logo analizará coa axuda do seu avó librepensador, o único familiar que apoia a súa curiosidade polo mundo e que lle obsequia un exemplar de «A orixe das especies» e un caderno para que aprenda a aplicar o método científico ás súas observacións.

A obra -que ten continuidade no volume titulado «O curioso mundo de Calpurnia Tate»- tamén aborda cuestións do ámbito familiar, en especial a relación da protagonista cos irmáns: o amor e o desengano, as trasnadas xuvenís e os pequenos conflitos da vida cotiá.
Leer más
Leer menos
18,00 €