O curioso mundo de Calpurnia Tate
Fascinada coa ilusión de chegar a ser veterinaria cando sexa maior, Calpurnia vai precisar o seu enxeño para conseguir que os seus soños se fagan realidade nunha época e nun contexto social que lle tiña preparados outros plans para o seu futuro.
Ilustración de cuberta de APRIL WARD
Corre o ano 1900 e Calpurnia quería ampliar os seus coñecementos sobre a natureza, os animais e a ciencia, pero un devastador furacán vén alterar os seus plans. Canda Travis, o seu irmán menor, a rapaza coñece o veterinario Jacob Pritzker, quen acepta que o acompañe nas súas visitas. Mais cando Calpurnia anuncia na casa que de maior quere ser doutora de animais, recibirá por resposta un rotundo “non”. Mudarán de impresión cando a moza axuda a salvarlle a vida a Brancaneves, unha ovella moi prezada na súa familia. A chegada da súa curmá Agatha tamén lle deixará pegada, ao transmitirlle novas inquedanzas. Segredos, revelacións e humor son os ingredientes da continuación de “A evolución de Calpurnia Tate”, na que a protagonista segue dando probas da súa firme e decidida personalidade malia vivir nunha sociedade tradicional e conservadora dunha pequena vila de Texas, a cabalo dos séculos XIX e XX.
Precisamente, no cambio de centuria xorden novos inventos e avances científicos que prenden o optimismo de Calpurnia, quen entra na adolescencia mantendo a súa inocencia, bondade e sentido da xustiza, acentuando as súas ansias de independencia, pero sendo cada vez máis consciente das barreiras que lle impoñen polo feito de ser unha rapaza. Fronte ás dificultades, ela mantense na idea de seguir afondando na observación do medio natural e nos escritos de Darwin, aprender mecanografía e estudar unha carreira universitaria.
“O curioso mundo de Calpurnia Tate” mantén o ton entrañable da primeira parte, ao abeiro dunha prosa consistente, fluída e amena.

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: A partir de 12 años
Páginas: 352
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-17-7