A cidade dos nenos

Tonucci, Francesco Traducción: Baleirón Mónica, Santos Sonia e Vázquez Rut

Son moitas as cidades europeas e latinoamericanas que xa se sumaron ao novo xeito de pensar a cidade proposto por Tonucci, entre elas, Pontevedra. Porque unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para todos. Ilustración de cuberta FRANCESCO TONUCCI

«A cidade dos nenos» é un proxecto impulsado en 1991 por Francesco Tonucci no seu Fano natal -de 60.000 habitantes- partindo da filosofía de que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza. Así, impulsou a creación dun Consello Municipal da Infancia para que os máis novos colaborasen no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos. A partir de 1997 a iniciativa foise estendendo por numerosas cidades de Italia, España, Arxentina, Chile, Colombia, México, Paraguai, Uruguai e Perú. Trátase da primeira tradución ao galego desta obra do prestixioso autor, colaborador de figuras tan destacadas como Gianni Rodari e Mario Lodi. Saír sós da casa e ir á escola de xeito autónomo, recuperar o tempo de lecer, xogar no espazo urbano peonil e deixarlles experimentar, son algúns retos da alternativa á sobreprotección.

Este libro comeza cunha introdución do alcalde de Pontevedra -unha das cidades participantes no proxecto de Tonucci- e cun limiar do pedagogo Antón Costa, director da Biblioteca de Pedagoxía de KALANDRAKA. O orixinal consta de tres partes: unha primeira sobre o descontento ante o modelo convencional de cidade; outra coas propostas de cambio; e finalmente, as experiencias xurdidas da execución do proxecto. Complétase co texto da Convención sobre os Dereitos do Neno, cunha “carta aberta á cidadanía de Fano” apelando á súa colaboración, e co artigo “A planificación para as distintas etapas da vida” do sociólogo Lewis Mumford.

Acompañando esas achegas, Tonucci introduce sinxelas viñetas que condensan o sentir dos nenos e as reflexións do autor a raíz dos seus encontros con distintos interlocutores.
Leer más
Leer menos
20,00 €

Otros idiomas: