Lotta

Lindgren, Astrid Alemagna, Beatrice Traducción: Álvarez Martínez, David

As divertidas aventuras dunha nena feliz, atrevida e segura de si mesma que argalla as ideas máis tolas para resolver os máis diversos problemas.

Un canto á liberdade da infancia. Un divertido libro de aventuras escrito por Astrid Lindgren e ilustrado de xeito maxistral por Beatrice Alemagna. Lotta ten algo máis de catro anos e vive coa súa familia na casa amarela da rúa dos Oleiros, aínda que o seu pai diga que debería chamarse rúa Algareira polo barullo que fan. É unha nena feliz, rachada, valente, teimuda, segura de si mesma e moi boa argallando as ideas máis tolas para axudar a resolver os máis diversos problemas. Outra historia para seguir lendo en galego a imprescindible autora de Pippi Mediaslongas. Un clásico de aventuras acompañado das ilustracións de Beatrice Alemagna, cheas de cor, presonalidade e humor.
Leer más
Leer menos
17,00 €