Pippi Mediaslongas nos mares do sur

Lindgren, Astrid Vang Nyman, Ingrid Traducción: David A. Álvarez Martínez

Novas e abraiantes aventuras agardan a Pippi e os seus inseparables amigos na illa de Korakora, onde Efraim Mediaslongas é un poderoso rei. No colofón da famosa triloxía de Astrid Lindgren, máis humor, extravagancias e divertidas ocorrencias.

Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasión, canda os seus inseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, Efraim Mediaslongas, á illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei. «Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur» publicouse orixinalmente en 1948 como colofón da triloxía formada por «Pippi Mediaslongas» (1945) e «Pippi Mediaslongas embarca» (1946). A recuperación deste clásico, coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman, permite seguir gozando das extravagancias desta figura icónica da literatura contemporánea: rebelde, transgresora e desclasada, simpática, independente e extrovertida, Pippi rompe estereotipos e actúa de forma contestataria fronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ámbito da literatura, ben da educación- escandalizáronse polos xestos e comentarios do personaxe e tildárono de mal exemplo para a infancia. Sen embargo, o éxito da obra literaria foi imparable, dando lugar a unha serie na televisión sueca e varias películas.

Nenas e nenos de todo o mundo teñenpasado horas inesquecibles de lectura ao abeiro das andanzas e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible. Porque así é esta nena especial e única: explora os límites da audacia e da imaxinación, cuestiona a lóxica establecida, fai da espontaneidade e do humor a súa bandeira.
Leer más
Leer menos
17,00 €