Pippi Mediaslongas
Un clásico universal e imprescindible para gozar das aventuras e extravagancias dunha nena rebelde, simpática e extrovertida, convertida nunha icona contemporánea. Porque con Pippi, a lectura é... unha grande aventura!
Nenas e nenos de todo o mundo pasamos horas inesquecibles de lectura ao abeiro das aventuras e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible; dun personaxe literario convertido nunha icona contemporánea que inspirou unha serie na televisión sueca en 1969 e varias películas protagonizadas tanto por actores como por debuxos animados. Esta edición en galego -á que lle seguen «Pippi Mediaslongas embarca» e «Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur»- conta coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman. Escandalizados polos seus xestos e comentarios, moitos adultos -ben no ámbito da literatura, ben da educación- tildárona de mal exemplo para a infancia, pero o éxito desta nena foi imparable: rebelde, transgresora e desclasada, independente, simpática e extrovertida, Pippi rompía cos estereotipos e actuaba de forma contestataria fronte aos maiores. As súas accións motivadas polo absurdo, a espontaneidade ou a provocación, evidencian as convencións da escola, da familia e da sociedade da época.
Astrid Lindgren creou a historia de Pippi Mediaslongas a partir do inverno de 1941 para entreter a súa filla enferma. Dous anos despois, a autora escribiu o relato e regaloulle o manuscrito á rapaza polo seu aniversario. En 1945 gañou un concurso literario e foi publicado, cunha enorme repercusión en todo o mundo.
Astrid Lindgren creou a historia de Pippi Mediaslongas a partir do inverno de 1941 para entreter a súa filla enferma. Dous anos despois, a autora escribiu o relato e regaloulle o manuscrito á rapaza polo seu aniversario. En 1945 gañou un concurso literario e foi publicado, cunha enorme repercusión en todo o mundo.
Colección: Libros ilustrados
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 128
Tamaño: 16 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-339-5
Premios : MEDALLA HANS CHRISTIAN ANDERSEN
MELLOR LIBRO TRADUCIDO DE LIX 2017 (FERVENZAS LITERARIAS)
PREMIO DA GALA DO LIBRO GALEGO 2018 Á MELLOR TRADUCIÓN
LISTA DE HONRA IBBY 2020 (TRADUCIÓN)