Pippi Mediaslongas embarca

Lindgren, Astrid Vang Nyman, Ingrid Traducción: David A. Álvarez Martínez

Que tristes se poñen os seus amigos cando Pippi decide acompañar o seu pai á illa de Korakora. Vilapenela nunca sería igual, ese refuxio de liberdade, xogos e diversión...

Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Annika, o cabalo e o señor Nilsson, Pippi xoga a ser como Robinson Crussoe indo ata a illa dun pequeno lago, onde mesmo lanza unha mensaxe de rescate nunha botella. Porque así é esta nena especial e única: explora os límites da audacia e da imaxinación, cuestiona a lóxica establecida, fai da espontaneidade e do humor a súa bandeira. Coa visita do seu pai, Efraim Mediaslongas, Pippi ten a intención de viaxar con el ata a illa de Korakora, onde o capitán é o rei. A posibilidade de que Vilapenela deixe de ser o seu fogar, un lugar pleno de liberdade e diversión, enche de tristura os seus amigos.

«Pippi Mediaslongas embarca» é a continuación dun primeiro volume que figura na Lista de Honra IBBY 2020 na categoría de tradución e que, neste mesmo apartado, tamén recibiu o Premio Gala do Libro 2018. A recuperación deste clásico, que conta Igualmente coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman, permite seguir gozando das extravagancias deste figura icónica da literatura contemporánea: rebelde, transgresora e desclasada, independente, simpática e extrovertida, Pippi rompe estereotipos e actúa de forma contestataria fronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ámbito da literatura, ben da educación- escandalizáronse polos xestos e comentarios do personaxe e tildárono de mal exemplo para a infancia. Sen embargo, o éxito da obra literaria foi imparable, dando lugar a unha serie na televisión sueca e varias películas.
Leer más
Leer menos
17,00 €