Fab, o monstro amarelo
Historia sinxela e divertida cun protagonista capaz de esquecer as súas preocupacións para axudar os demais. Unha homenaxe ao autor e ilustrador David McKee e aos seus personaxes máis queridos.
Nin lavando a cara, nin facendo exercicio, nin poñéndose á sombra, nin tampouco outros remedios -cada cal máis insólito e mesmo divertido- logran curarlle a dor de cabeza a Fab. Entrañable e algo despistado, o monstro amarelo que protagoniza este clásico de Carme Solé demostra ser bondadoso e solidario cando descobre que un amigo está nun apuro; as súas preocupacións desaparecen para axudar a resolver urxencias maiores. «Fab» tamén é unha homenaxe a outros personaxes monstruosos de David McKee. Figuras que tradicionalmente suscitarían rexeitamento por seren estrañas ou diferentes, neste caso son protagonistas de historias inspiradoras e cheas de humor.
Como noutras obras de Carme Solé, destaca a sinxeleza do debuxo, con figuras de contornos ben definidos, escenas luminosas, contraste de cores e trazos marcados. A sucesión de accións e estados de ánimo redunda no dinamismo e a expresividade das imaxes.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 21,5 x 28,5
ISBN: 978-84-1343-174-1