Un día de chuvia e flores
Un álbum de texto mínimo e ton poético que dialoga coas ilustracións para transmitirnos unha poderosa e necesaria mensaxe de cooperación, respecto á natureza e antibelicismo.
Un texto mínimo e unhas ilustracións poéticas e metafóricas conteñen unha grande historia sobre como pequenas accións, humildes e silenciosas, son capaces de cambiar moitas vidas, incluída a de quen porta nas súas mans este libro. «Un día de chuvia e flores» foi a primeira obra de Carme Solé Vendrell como autora integral. Para este clásico de 1981 inspirouse nunha escena que presenciou en Venecia, onde un neno cun paraugas aberto e un ramo de flores entraba no portal dunha casa.
Tras recoller flores silvestres, o protagonista vai ofrecéndoas segundo avanza no seu camiño: primeiro aos animais do prado, logo a un campesiño sobre un carro, tamén á condutora dun vehículo, ao persoal dunha fábrica fumegante, aos habitantes dunha vila... Con ese xesto tan sinxelo consegue que a monotonía, o silencio, a polución, a violencia… se convertan en espontaneidade, ledicia, natureza, paz…
Un día gris vólvese luminoso ao paso deste neno sensible e xeneroso. As imaxes, descritivas e de tons suaves, forman unha secuencia lineal e dinámica -grazas á variedade de planos- que nos permite seguilo ao longo dos seus encontros e gozar dos efectos positivos de cada obsequio mentres se afasta. Un libro practicamente visual cunha poderosa e necesaria mensaxe de cooperación, respecto ao medio ambiente e antibelicismo.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-211-3