Cepillo

Calders, Pere Solé Vendrell, Carme Traducción: Xosé Ballesteros

Salta coma un can, recoñece a súa voz coma un can e ladra coma un can... pero non é un can! Recuperando un clásico da literatura catalana que, dende o mundo infantil, cuestiona a realidade lóxica dos adultos.

Brinca coma un can, recoñece a súa voz coma un can e ladra coma un can… pero non é un can! Neste entrañable relato, que trata un tema cotiá cheo de maxia e tenrura, a forza do amor e a ilusión dun neno conseguen o impensable: que un simple cepillo se convirta en animal de compañía. Un clásico da literatura catalana traducido á nosa lingua, que destaca polo seu pulido estilo literario a través da ironía, do absurdo e do compoñente fantástico. Así, o protagonista atópase con que o cepillo que trata como se fose un can, cobra vida e axuda a familia nun perigoso trance, malia o escepticismo inicial dos pais, que non crían que o obxecto co que xogaba o seu fillo fose unha mascota de verdade. Unha obra mestra de Pere Calders que, dende o mundo infantil, cuestiona a realidade lóxica dos adultos…

Merecedoras do Premio Lazarillo de Ilustración en 1981, nas imaxes de Carme Solé Vendrell resaltan a representación dos espazos domésticos e os distintos estados de ánimo do cativo, con cores suaves e cun coidado tratamento da luz.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: