A lúa de Xoán

Solé Vendrell, Carme Traducción: Xosé Ballesteros

Axudado pola súa amiga a Lúa, Xoán terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. Un libro que lle dá resposta aos temores da infancia e aos desafíos da vida: soidade, tristura, enfermidade, morte...

“A lúa de Xoán”, publicada orixinalmente en 1982, é unha das obras máis importantes na traxectoria de Carme Solé, xa que marcou a súa proxección internacional. Traducido a varias linguas, este álbum trata sobre o temor á morte e a forma de afrontalo. A reflexión sobre temas profundos como a soidade, a tristura ou a perda dun ser querido ten que ver co compromiso da autora -cuxa nai faleceu cando ela tiña nove anos- de falarlles aos nenos e ás nenas sobre os seus medos e darlles as respostas que non atopan nos adultos.

Cando o pai de Xoán regresa moi enfermo tras pasar a noite pescando, o neno asústase ante a idea de quedar só no mundo. Ante o desafío de recuperar a saúde perdida, Xoán terá que empregar toda a súa audacia e o seu enxeño, coa única axuda da súa amiga a Lúa.

A historia está chea de metáforas e de referencias simbólicas, tanto a nivel literario como gráfico: dende a propia Lúa, ata a forma dos acantilados e as ondas do mar embravecido, pasando pola serena presenza do cemiterio e do ciprés.

“A Lúa de Xoán” marcou un punto e á parte no estilo de Carme Solé: a sinxeleza no debuxo, con figuras de contornos ben definidos son algunhas cualidades desta obra, xunto coa matización e sutileza das cores, a importancia da luz e dos sombreados. Os contrastes e o destaque de elementos relevantes no relato reforzan a expresividade das ilustracións, que desprenden fantasía e inocencia, e que nos envolven nun mundo poético e suxerente.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: