FRANCESCO TONUCCI, DOUTOR 'HONORIS CAUSA' POLA USC

FRANCESCO TONUCCI, DOUTOR 'HONORIS CAUSA' POLA USC

O prestixioso educador e psicopedagogo italiano Francesco Tonucci, impulsor da iniciativa “La città dei bambini” do Consiglio Nazionale delle Ricerche, será investido como doutor ‘honoris causa’ pola Universidade de Santiago de Compostela o venres 3 de maio nun acto académico solemne que se celebrará no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, presidido polo reitor Antonio López. A profesora doutora María Belén Caballo Villar, profesora titular de Teoría e Historia da Educación, actuará como madriña do profesor Tonucci, cuxa candidatura a este nomeamento foi proposto polo departamento de Pedagoxía e Didáctica.

Canda el tamén será investida como doutora ‘honoris causa’ Claire Chenu, profesora de Ciencias do Solo na Université AgroPaisTech, referente muncial mundial na interacción entre organismos vivos e compoñentes orgánicos e minerais do solo.

Coñecido polo pseudónimo «Frato» -acrónimo do seu nome e apelido-, Francesco Tonucco é autor de numerosos libros e publicacións sobre a infancia na sociedade actual, sobre os seus dereitos e sobre a súa presenza viva e autónoma no ecosistema urbano. Desenvolve habitualmente as súas achegas a través ou na compaña de viñetas nas que aparece a figura dun cativo coas súas reflexións (de neno). A sinxela profundidade destas reflexións, a tenrura e a presenza das emocións, que se dan cita a partes iguais nestes textos e imaxes, engaiolaron moitos lectores e lectoras, o que explica a gran difusión internacional lograda polos textos de Francesco Tonucci.

A Biblioteca de Pedagoxía de KALANDRAKA, dirixida polo catedrático de Historia da Educación Antón Costa, integrante do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea), conta con tres das súas obras máis emblemáticas: «A cidade dos nenos», «Cando os nenos din Basta!» e «Por que as nenas e os nenos?».

 

May 3 2024

Detalles

Comenzo: May 3, 2024, 12:00 PM
Fin: May 3, 2024, 1:00 PM
Dirección: Praza da Universidade, 1. Santiago de Compostela

Sede

Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela

+ Google Map