Cando os nenos din Basta!
A continuación de ''A cidade dos nenos'' reivindica a importancia das opinións e das queixas dos cativos, instando os adultos a escoitalos e a telos en conta, converténdoos en ''aliados privilexiados do cambio''. Ilustración de cuberta FRANCESCO TONUCCI
“A cidade dos nenos” é un proxecto impulsado en 1991 por Francesco Tonucci no seu Fano natal -de 60.000 habitantes- partindo da filosofía de que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza. Así, impulsou a creación dun Consello Municipal da Infancia para que os máis novos colaborasen no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos. A partir de 1997 a iniciativa foise estendendo a numerosos concellos -entre eles, Pontevedra- por ter posto as nenas e os nenos no centro das súas políticas urbanas, no marco dun novo modelo de cidade. Dirixido a docentes, nais e pais, políticos, urbanistas… e tamén ao público infantil, “Cando os nenos din BASTA!” é a continuación de “A cidade dos nenos”: 26 frases recollen propostas e protestas dos rapaces, actúan como lema de cabeceira e argumento de cada capítulo do libro. Tonucci proponnos escoitar os nenos e ter en conta as súas opinións.
Para que os nenos desexen expresarse e teñan esa posibilidade, cómpre que os adultos saiban escoitalos, se poñan ao seu carón, e teñan disposición para defender as súas posturas.
Este é, pois, un libro imprescindible para todos e o futuro é unha responsabilidade colectiva.
Para que os nenos desexen expresarse e teñan esa posibilidade, cómpre que os adultos saiban escoitalos, se poñan ao seu carón, e teñan disposición para defender as súas posturas.
Este é, pois, un libro imprescindible para todos e o futuro é unha responsabilidade colectiva.
Colección: Biblioteca de Pedagogía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 336
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-269-5