Estrela do norte

Ao abeiro da métrica e da rima, estes poemas beben da fonte da tradición popular, das letras cultas e da contemporaneidade. Versos de estirpe deliberadamente figurativa, na procura das emocións. Ilustración de cuberta de FERNANDO BABÍO

Os poemas deste libro transitan entre a tradición, sempre de dobre raíz, culta e popular, e a contemporaneidade, un espazo por definición fuxidío. Son poemas empeñados, asemade, en achegar a necesaria música á pescuda das emocións, e vano facer botando man de recursos como a métrica e a rima; é dicir, acolléndose coa confianza dun artesán á protección dos límites.

O resultado é unha poesía de estirpe deliberadamente figurativa. Á fin, ademais de álbum e partitura, este libro quere ser o mapa para un camiño que ten como norte o corazón de cada quen: esa estrela.
Leer más
Leer menos
15,00 €