Onde nunca é mañá
Na súa persistente batalla a favor da vida, o poeta practica o esmero léxico neste novo inventario de latexos, afonda na exquisitez da naturalidade e aproxima os seus versos á cadencia do sermón, coa memoria como faro e meta.
Ilustración de cuberta de ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL
Manuel Álvarez Torneiro segue rastrexando o pasado en “Onde nunca é mañá”; e porfía en facelo dende o compromiso coa exactitude da palabra. A acumulación de memoria é cada vez maior e iso leva o poeta a unha sorte de confesión aínda máis crepuscular. Persisten liñas como o gusto pola reveladora enumeración paradoxal, a exuberancia de imaxes poderosas e un manexo léxico de ourive. Neste poemario, a vella aproximación dos versos á cadencia do sermón busca dun xeito máis claro a exquisitez da naturalidade.
Á fin, quen emerxe neste libro é alguén agradecido («ladrón de mel nos libros prohibidos») á caloriña que desprenden os cadros e as músicas dos mellores. “Onde nunca é mañá” convértese así nun inventario de alentos e latexos a cargo dun home de tantos, teimando sempre na batalla a favor da vida.
Esta obra séguelle a “Os ángulos da brasa” (Premio Ánxel Casal de Poesía 2012, Premio da Crítica Española 2012, Premio de Poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2012 e Premio Nacional de Poesía 2013), que vai pola cuarta edición en galego e foi traducida ao castelán por Teresa Seara para Visor Libros.

Colección: Poesía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 120
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-15250-69-2