Tempo de exilio
A primeira antoloxía poética de Joseba Sarrionandia en edición bilingüe galego-éuscaro reflicte a rebeldía do autor e o seu compromiso coa lingua do seu pobo. Tamén pode lerse como unha crónica recente da nación vasca, en clave sentimental, a través da peripecia vital deste poeta, cuxos versos foron musicados por Laboa, Ordorika ou Oskorri.
Ilustración de cuberta de SUSO BASTERRECHEA
Cunha vida de novela, lecturas caudalosas e un insubornable compromiso coa lingua milenaria da nación, Joseba Sarrionandia reúne neste libro a primeira escolma da súa poesía que vén a lume nunha lingua distinta do éuscaro orixinal. Nesta edición bilingüe é posible achegarse a unha obra marcada polo peso dunha conciencia en rebeldía e polos refuxios atopados á beira dos grandes nomes da modernidade literaria. Desde o rigor metálico e a ductilidade sentimental, e grazas a versións de músicos como Mikel Laboa, Ruper Ordorika ou Oskorri, a poesía que se presenta nesta antoloxía fai tamén parte da banda sonora do devir máis recente do pobo vasco; sen deixar de ser, nomeadamente, un mapa de terras alleas e un álbum de instantes imborrables.
En definitiva, os deste volume son versos que resumen unha longa odisea persoal iniciada por volta de 1985 e vixente ata hoxe mesmo, máis de tres décadas despois.
O resumo, por tanto, de toda unha vida lonxe...
En definitiva, os deste volume son versos que resumen unha longa odisea persoal iniciada por volta de 1985 e vixente ata hoxe mesmo, máis de tres décadas despois.
O resumo, por tanto, de toda unha vida lonxe...
Colección: Poesía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 264
Tamaño: 14,5 x 21
ISBN: 978-84-15250-78-4
Premios : I PREMIO ETXEPARE-LABORAL KUTXA DE TRADUCIÓN 2015