Sete monstros e un gato
Os protagonistas deste conto van marchando aos poucos: rimas divertidas que nunca acaban, nada de medo, risa asegurada!
Os protagonistas deste divertidísimo paseo son un vampiro, un zombi, unha pantasma, unha bruxa, unha momia, un lobishome e un frankenstein, as figuras máis simbólicas da literatura fantástica e de terror. A este máxico número de personaxes engádese un gato, que permanece alleo ás insólitas peripecias que marcan a progresiva desaparición dos seus compañeiros de camiño e co que -nun sorprendente final circular- podemos volver a empezar esta rítmica e cómica odisea, unha e outra vez.
«Sete monstros e un gato» é un enxeñoso texto rimado de Rafa Ordóñez que, a través dunha fórmula repetitiva, invita a contar do un ao siete restando un número en cada volta. O sentido decrecente desta numeración débese á sucesiva marcha dos monstros que, lonxe dos estereotipos asociados a estes seres tan horribles, non só non dan nada de medo, senón que resultan ser torpes, medorentos, vergonzosos…
As ilustracións de Christian Inaraja reforzan o sentido do humor que inunda cada páxina. O dinamismo e a expresividade dos personaxes é a clave desta proposta sinxela, de trazos irregulares e que xoga coa iconografía dos sete monstros: moscas, arañas e morcegos acompañan a esta singular comitiva, á que se suman outras tantas criaturas -un paxaro, un caracol,
unha ra…- que anticipan a curiosidade das lectoras e dos lectores ante a evolución desta rocambolesca historia.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-249-6