Clave de bóveda

Inédito e póstumo, esta obra do Premio Nacional de Poesía é un bálsamo para a alma, un agasallo para os amantes da palabra cunha derradeira lección: ningún día sen versos.Ilustración de cuberta de MANUEL MOLDES

Este novo libro de Manuel Álvarez Torneiro, inédito e póstumo, é un agasallo que lles deixa o seu autor aos amantes da palabra. Tamén nesta obra volve ofrecer -algo propio dun servo da beleza- bálsamos para a alma. A súa é unha poesía contra a memoria dunha infancia rota, contra a fame de soños e de pan, contra os océanos da fatalidade e contra o medo que arrefría o corazón. É asemade unha poesía teimuda e permanentemente a favor do milagre invencible do amor, do matemático consolo das músicas e do estourar cómplice da rosa e da camelia. A favor, en suma, da esperanza... Así foi convocada en cada verso de cada poema de cada libro seu a luz pura da revelación, mentres o poeta construía unha obra feramente sabia con paciencia de ourive e con enerxía de titán. Velaí a lección derradeira de Torneiro: ningún día sen poesía. Para seguir alimentando unha vez máis o asombro, esta «Clave de bóveda».

“Apoiándose en tres puntos de ancoraxe (memoria, beleza e tempo)”, explica a profesora Teresa Seara no limiar, este poemario “pecha un arco construído con palabras que se revelan como pontón e alicerce, alimento e luz” e que significa “unha nova cala no indescifrable, nos misterios da vida cos seus momentos de dor e de gozo”.
Leer más
Leer menos
15,00 €