Chofer de sandías

Rubio, Antonio Urberuaga, Emilio Traducción: Xosé Ballesteros

Por que non soñar cun lugar onde a contaminación e as présas dan paso á natureza e á ledicia. Todo é posible coa mirada fresca, espontánea e creativa da infancia.

«Chofer de sandías» é unha simpática historia ambientada nunha gran cidade, alienada e alienante. Pero mesmo en lugares tan hostís acontecen cousas sorprendentes, excepcionais e insólitas. Como que unha humilde semente de sandía agrome, medre, floreza e dea froitos enroscada nunha farola, convertida en parra luminosa. Un texto rimado de Antonio Rubio, traducido e adaptado por Xosé Ballesteros, cuxas estruturas rítmicas e compositivas están enraizadas nos esquemas da literatura tradicional traídos á actualidade a través dun escenario urbán e contemporáneo. Os edificios e os centros comerciais, as rúas saturadas de tráfico e de ruído, e os seus habitantes sumidos nas présas, no estrés e abducidos polas novas tecnoloxías, sitúannos nun escenario tristemente recoñecible. A mirada fresca e desinhibida da infancia, a espontaneidade e a creatividade das nenas e dos nenos permiten rachar esa terrible rutina e mudar a paisaxe gris e contaminada polo colorido e a calma.

As ilustracións de Emilio Urberuaga -coa súa intensa paleta cromática, o dinamismo dos seus trazos e as súas enxeñosas achegas gráficas- invítannos a soñar e a imaxinar algo así na nosa contorna: que un feito aparentemente anódino e desapercibido aos ollos da maioría marque un antes e un despois no día a día.
Leer más
Leer menos
14,00 €
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o