A árbore da escola
Achegarse a el, aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas, lerlle poemas... Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas escolas.
A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes en “A árbore da escola”. Esta historia de estrutura circular narra -cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo. Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos, que conseguen chamar a atención dos botánicos. O autor toma a licenza temporal de comprimir nas páxinas deste álbum un proceso que duraría anos, concentrando simbolicamente nun mesmo grupo de nenos e de nenas a acción voluntaria de protexer a árbore. Pero vai máis aló, ao impulsar que esta proposta teña continuidade noutros colexios, facendo viaxar a súa semente e, con ela, a conciencia social de respecto ao medio ambiente e ao planeta.
Aínda que transcorre no reducido espazo físico que ocupa o patio dunha escola, Emilio Urberuaga -Premio Nacional de Ilustración 2011- sitúa os lectores en diferentes puntos de vista e fai discorrer o tempo a través do ir e vir dos personaxes, dos cambios meteorolóxicos e do progresivo desenvolvemento da árbore. As ilustracións destacan polo seu colorido, a expresividade de cada escena e a presenza de elementos alleos ao texto que enriquecen a lectura visual.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-259-6