A merliña

Rubio, Antonio Ferrer, Isidro Traducción: Marisa Núñez

Conto popular. Comer ou ser comido. Sobrevivir. A eterna disxuntiva nos contos de animais preséntasenos de novo nesta obra de innovador deseño. Un duelo animal que soa a canción.

“A merliña” é unha narración clásica recollida en La Vera de Plasencia (Extremadura). Pertence ao arquetipo dos contos de animais nos que vence a especie voadora fronte á terrestre. Evoca cuestións vitais como a loita pola supervivencia, e na súa estrutura destaca o ritmo das frases, o que converte este texto nunha canción que aínda pervive na zona da que é orixinaria. A proposta plástica aúna sinxeleza e expresividade, concordando coa poética do texto: collages a base de papel e debuxos a lápiz crean os distintos escenarios e personaxes, que se complementan cos xogos tipográficos, e os tamaños, formas e cores das letras.

Este libro formou parte da exposición itinerante internacional “Listos para Ler. Deseño de libros en España”, organizada pola Sociedade Estatal para o Desenvolvemento do Deseño e a Innovación (DDI).
Leer más
Leer menos
14,00 €