As catro estacións

Un libro-cd que reúne un fermoso relato da naturaleza coas imaxes coloristas do reciente Premio Nacional de Ilustración e a interpretación dunha das mellores violinistas internacionais. Música interpretada por SARAH CHANG

“As catro estacións”, de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena, 1741), é unha das mellores composicións da música barroca. Precoz mestre de violín, o seu virtuoso creador chegou a compoñer 600 concertos, 100 óperas e numerosas pezas para instrumentos. Inspirándose nesta obra, José Antonio Abad presenta un relato bucólico ambientado nun bosque, onde describe os cambios estacionais: a primavera co seu traxe de flores, o sofocante calor do verán, a chegada do outono cando as árbores lle regalan ao vento a súa follaxe, e a choiva de confeti branco do inverno. A fauna e a flora, a presenza humana, e o ciclo da natureza marcan o texto literario, que destaca pola súa elegancia formal e pola capacidade para transportar o lector ata ese paraíso imaxinario que Emilio Urberuaga ilustra con cores vivas e intensas, instantes capturados para deleitar a retina. A interpretación de Sarah Chang -co acompañamento da Orpheus Chamber Orchestra- é a banda sonora ideal para vibrar coas emocións e sensacións deste álbum.

Este libro-cd inaugura a colección Música Clásica, de Kalandraka, para achegarlle este xénero ao público infantil, como continuación da colección Óperas.
Leer más
Leer menos
23,00 €