A grande orquestra animal
Un canto apaixonado pola conservación dun dos recursos naturais máis esquecidos: a música da natureza. Con acceso a arquivos sonoros orixinais.Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Bernie Krause é o mellor experto mundial en sons da natureza. Todo comezou co rumor do trigo nun campo de Kansas; dende entón ten dedicado as últimas catro décadas a gravar paisaxes sonoras ecolóxicas e os sons de máis de 15.000 especies nos lugares máis recónditos, salvaxes e virxes do planeta. A causa da depredación humana, a metade dos coros naturais que rexistrou xa non existen. Dende os sons imperceptibles dos virus ou o estrondo dos glaciares crebados, ata o canto dos mamíferos mariños, neste libro fascinante expón os seus postulados sobre o son natural, dividido en tres tipos: a biofonía que producen animais e plantas; a xeofonía orixinada no vento, na auga e na chuvia e a partir da cal tribos remotas desenvolveron escalas musicais; e a antrofonía resultado da acción humana que, pola súa crecente influencia na natureza, ten efectos negativos nas demais especies, como o varamento de baleas. Igual que a contaminación lumínica impide ver as estrelas, o ruído humano e o barullo das máquinas solapa os sons naturais, ameazando a supervivencia desta vasta orquestra. Combinando música, cultura e ciencia, esta obra pioneira, escrita cun intenso estilo narrativo, explica a importancia de preservar as paisaxes acústicas que aínda perviven e invita a abrirmos os oídos buscando a forma máis pura dos sons, escoitando o mundo dun xeito distinto, captando esa música primixenia que nos pasa desapercibida.
Krause achega información abraiante sobre a forte dependencia dos animais en relación ao seu ecosistema auditivo para sobrevivir e os efectos perxudiciais dos ruídos estraños no sensible equilibro entre depredadores e presas. Tamén defende a súa teoría sobre os sistemas de comunicación sonora dos animais salvaxes -a chamada dos chimpancés, o canto dos insectos, o trilo das aves- como base a partir da cal xurdiu a expresión musical da humanidade.

Otros idiomas:
Colección: Vitamina N
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 340
Tamaño: 15,5 x 23
ISBN: 978-84-16721-74-0