Cantarolas

Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.

20 anos despois da súa última versión impresa, as “Cantarolas” de Anisia Miranda e de Xosé Neira Vilas volven ás mans dos lectores e lectoras nunha nova edición ilustrada por Leandro Lamas. Trátase dun clásico da literatura infantil galega, con cantos e poemas evocadores da natureza e do medio rural, que fala da amizade, dos xogos, dos costumes e da emocións da infancia. A sinxeleza dos versos, a cercanía dos personaxes e a temática tradicional son as principais cualidades desta obra conxunta: Anisia Miranda xa publicara algunhas destas composicións na revista cubana Zunzún, mentres que as de Xosé Neira Vilas viran a luz hai 40 anos no selo madrileño Akal.

A páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas ofrece unha escolma de cancións compostas e interpretadas por músicos galegos, inspirándose nestes poemas: http://fundacionxoseneiravilas.com/kalandraka/cantarolas.php

As ilustracións de Leandro Lamas potencian o lirismo e o carácter alegre dos versos con imaxes de luminoso colorido, nas que destaca como protagonista o medio natural e a expresividade dos personaxes.
Leer más
Leer menos
15,00 €